Description:
Este traballo pretende contribuír a desvelar a influencia da censura nun grupo de obras narrativas galegas, tradicionalmente agrupadas baixo a etiqueta “nova narrativa galega”, que foron concibidas e publicadas baixo o franquismo. Na procura das pegadas da represión ideolóxica imposta pola ditadura no sistema literario galego, exploramos os efectos da censura e a sombra da autocensura. Baseámonos na revisión dos expedientes conservados no “Archivo General de la Administración” sobre estas obras, así como nos testemuños dos autores e na análise dos propios textos.